Saltar ao contido

Biblioteca Nacional da República Checa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Biblioteca Nacional da República Checa
 Forma xurídica
Persoas e organizacións
 Cargo dirixente
 Entidades subsidiarias
Actividade
Datas
 Fundación / creación
1622 Editar o valor en Wikidata
Recoñecemento
 Premios
Localización
 Situado en
 Localización
 Sede
Identificadores
VIAF265219579 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000119565296 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0v3gk3j Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Correo
Redes
Facebook: narodni.knihovna Twitter: narodniknihovna GitHub: NLCR Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Biblioteca Nacional da República Checa (checo: Národní knihovna České republiky) é a biblioteca central da República Checa, dirixida polo Ministerio de Cultura dese país. O seu edificio principal localízase no edificio histórico Clementinum, en Praga, onde se garda aproximadamente a metade dos libros da biblioteca, mentres que a outra metade da colección atópase no distrito de Hostivař.[1] É a maior biblioteca do país, cun catálogo duns 6 millóns de documentos e uns 60 000 lectores rexistrados. A biblioteca posúe tanto textos checos como material máis antigo procedente de Turquía, Irán e a India.[2] Tamén acolle libros para a Universidade Charles en Praga.[3]

No 2005 recibiu o Premio Jikji outorgado pola UNESCO a través do programa Memory of the World Programme, polo traballo realizado na dixitalización de textos antigos.[4][5] A biblioteca comezou este traballo no ano 1992, chegando a dixitalizar uns 1700 documentos nos seus primeiros 13 anos de execución.[2]

  1. "Need for new library intensifies". The Prague Post (en inglés). 28 de maio de 2008. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2014. Consultado o 8 de maio de 2014. 
  2. 2,0 2,1 "National Library's rare prints and manuscripts at the click of a mouse". Radio Prague (en inglés). 24 de novembro de 2005. Consultado o 8 de maio de 2014. 
  3. Tucker, Aviezer (18–24 de febreiro de 2009). "Opinion" (PDF). The Prague Post (Prague). p. A4. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de maio de 2014. Consultado o 8 de maio de 2014. 
  4. "National Library wins UNESCO award for pioneering digitisation work". Radio Prague (en inglés). 7 de setembro de 2005. Consultado o 8 de maio de 2014. 
  5. "2005 - The National Library of the Czech Republic". UNESCO (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]